A Área Sanitaria de Vigo citará esta semana a 50.000 persoas para vacinarse no IFEVI

A Área Sanitaria de Vigo citará esta semana a 50.000 persoas para vacinarse no IFEVI. Como novidade, o xoves xa vaise empezar a vacinar ás persoas na franxa de idade comprendida entre 65-70 anos. Así, a partires de mañá martes día 4 e ata o domingo 9, as persoas convocadas serán dos seguintes grupos etarios: 60-65 anos; 65-70; e os de 70-79 (a este último grupo se lles está administrando as segundas doses).

En relación co abrocho da variante india detectado no buque con bandeira de Singapur, acaba de confirmarse a Covid-19 no último dos mariñeiros ingresados no hospital Vithas Fátima. Polo tanto, nestes momentos hai 7 persoas positivas, das cales 4 están hospitalizadas. Todos están estables.