Nigrán abre este luns o prazo de solicitude para participar no campamento de verán

O Concello de Nigrán abre do luns 3 de maio ao xoves 20 de maio o prazo de solicitude para participar no Campamento de Verán 2021 dirixido a crianzas nadas entre 2009 e 2018 (con 3 anos cumpridos ao inicio do mesmo) e que se celebrará nun centro educativo do municipio do 23 de xuño ao 30 de xullo. Como cada ano, está destinado a facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, estando as bases colgadas na web municipal http://www.nigran.es.

O campamento desenvolverase de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de ampliación de 7:45 a 15:15 horas. O prezo é de 75 euros en xornada reducida e 85 euros en ampliada, existindo bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75 euros no horario reducido e 21,25 euros no segundo caso. As solicitudes deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán (por cuestións sanitarias, luns, mércores e venres de 9:00 a 14:00 horas). Igualmente, os formularios de inscrición poden recollerse no Rexistro Xeral do Concello, no Centro de Información ás Mulleres (CIM), ou descargalas da páxina http://www.nigran.org.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao CIM, teléfono: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.