O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “L’Atalante”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “L’Atalante” en versión orixinal subtitulada ao castelán. Trátase dunha longametraxe francesa de 1934 dirixida por Jean Vigo e protagonizada por Jean Dasté, Dita Parlo, Michel Simon, Gilles Margaritis, Louis Lefebvre, Maurice Gilles e Raphaël Diligent. Jean e Juliette contraen matrimonio e comezan a súa viaxe a bordo do L’Atalante, unha barcaza da cal Jean é capitán. A longa viaxe resúltalle aburrido a Juliette, quen desexa coñecer París.