Esixen ao alcalde de Nigrán que desminta as súas afirmacións sobre as Usuarias de Servizos Sociais

A Plataforma de Usuarias Afectadas por Servizos Sociais do Concello de Nigrán esixe ao Alcalde que desminta publicamente as súas afirmacións no pleno de marzo. Na sesión, acusou as persoas que se atopaban na concentración do pasado 26 de febreiro de pronunciar graves improperios ás traballadoras sociais, tales como “asasinas”. Tamén negou a existencia dun colectivo de afectadas, afirmando que se trata dun movemento político. Gravación do pleno, minuto 46.

Non entendendo como non se recorreu á vía xudicial se os feitos pronunciados sobre a convocatoria fosen certos e en presenza das forzas da orde. Tamén queren aclarar que este movemento non é político, aínda que si están apoiadas por todos os partidos políticos de Nigrán excepto o de Goberno. As damnificadas por este servizo reclaman que se faga honra á verdade e que rectifique ditas declaracións incertas publicamente, da mesma maneira que se formularon.