O Club Marítimo de Canido e o Hospital Vithas Vigo presentaron este martes o Trofeo Vithas Vigo, que na súa primeira edición recolle a experiencia das 24 Regatas de Primavera organizadas ata o de agora polo Marítimo. Isto fai que a próxima fin de semana póidanse reunir 90 optimist de toda Galicia nunha proba que aspira a converterse nun referente dentro da vela lixeira a nivel peninsular. Entre os participantes confirmados, destaca a presenza da Selección de Galicia ao completo, que aproveitará esta cita para ultimar a súa preparación cara á Copa de España que se celebra nos próximos días na cidade guipuscoana de Hondarribia.
Por outra banda, e a partir de agora, a Escola de Vela do Club Marítimo de Canido pasará a denominarse Escola de Vela Vithas Vigo. Nesta escola dan os seus primeiros pasos no mundo da vela cada ano un centenar de alumnos e alumnas. Ademais, cada verán, acolle a outros 150 alumnos e alumnas, que non teñen por que pertencer ao Club Marítimo para recibir o seu “bautismo de mar”.
Esta nova relación de colaboración mutua entre o Hospital Vithas Vigo e o Club Marítimo de Canido reflectirase, tamén, nas facilidades de acceso a un servizo Premium do que poderán beneficiarse os máis de 700 socios do Club cando necesiten asistencia sanitaria no Hospital Vithas ou no centro médico Vithas Pontevedra.
I Trofeo Vithas Vigo
Á presentación do I Trofeo Vithas Vigo asistiron, por parte do Club Marítimo de Canido, o seu presidente, Mauro Olmedo, acompañado polo comodoro, Ramón Ojea, e do director de regata, Emilio Méndez; por parte do patrocinador, estivo presente o director-xerente de Vithas en Galicia, o Dr. Ciro Cabezas, e a directora Comercial do hospital, Catalina Lamas. Todos os asistentes coincidiron en manifestar a súa compracencia por esta gran oportunidade que se presenta esta fin de semana para a vela base na ría viguesa.
No acto de presentación, o presidente do Club Marítimo de Canido, Mauro Olmedo, resaltou a importancia que esta regata, que alcanza a súa vixésimo quinta edición, ten para o fomento do deporte entre os máis novos e para que poidan interiorizar uns hábitos de vida saudables vinculados á vela e ao mar.
Pola súa banda, o director-xerente de Vithas Vigo, o Dr. Ciro Cabezas, destacou os puntos en común entre o hospital e o Club Marítimo, pois ambos defenden un estilo de vida saudable baseado no deporte. Segundo o Dr. Cabezas Checchi, “o fomento da vela desde idades moi temperás, como fai o Club Marítimo de Canido, é unha estupenda base para construír uns estilos de vida saudables, enraizados no deporte”. Neste sentido, sinalou que “Vithas vai máis aló da asistencia sanitaria e apostamos polo fomento duns valores que coinciden plenamente cos do deporte en xeral e da vela en particular”.
Do mesmo xeito, o xerente de Vithas Vigo puxo de manifesto a experiencia dos profesionais do hospital na atención de deportistas; e lembrou que, do mesmo xeito que o hospital, o Club Marítimo de Canido leva máis de medio século estreitamente vinculados á cidade, e que “hai toda unha xeración de vigueses que naceron no hospital e aprenderon a amar o mar, e, por conseguinte, a vela no Marítimo”.
Dúas xornadas de competición
Segundo explicou o comodoro do Club Marítimo de Canido, Ramón Ojea, a competición terá dúas xornadas: o sábado 24, a partir das dúas da tarde; e o domingo 25, con inicio ás dez e media da mañá. Por diante unha programación de seis mangas que terán formato trapezoidal e unha duración estimada duns 50 minutos cada unha.
A zona onde se montará o campo de regatas, é a coñecida como enseada de Canido que está ao socaire do arquipélago das illas Cíes. Sen dúbida, un dos espazos marítimos máis belos do noso litoral, e que ao estar aberto aos ventos do terceiro e cuarto cuadrantes, os máis habituais na ría de Vigo, conforman un campo realmente incomparable.
En liña saída por parte da Coruña o número un na clasificación galega, que gañou na Semana Abanca a Regata Aurelio Fernández Laxe: Fernando González del Castillo. Por parte de Ribeira, o máis forte a priori é Bruno Iglesias, que é o número dous galego. Ambos os dous optimistas aínda teñen dúas tempadas no optimist, e teñen un futuro espléndido por diante.
Polo club anfitrión, os mellor posicionados son Rodrigo Pérez Moya, Fernando Campos e Miguel Rodríguez Tábara… así como Emma Chamorro.
O Real Club Náutico de Sanxenxo presenta, en liña de saída, á súa mellor opción feminina, que é Natalia Domínguez, e en mozos Pedro Casas.
A nivel técnico, a Marítimo conta con dous dos mellores xuíces e xurados que hai en Galicia, que co caso do vilagarcián Juan José Durán e do vigués o mozo Carlos Mugra, que é a máxima promesa como cadrelo do Colexio de Xuíces e Xurados de Galicia.
O Real Club Náutico de Vigo ten as súas esperanzas postas en Inés Ameneiro e en Jorge Astiazarán. Os clubs confirmados, ao día de hoxe, son o Monte Real Club de Yates de Baiona, o Náutico de Panxón, o Marítimo de Canido, o Real Náutico de Vigo (que será, con 25, o club con máis deportistas), Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Real Club Náutico de Sanxenxo, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Club Fluvial das Pontes, Club Náutico de Sada, Club Marítimo de Oza e o Real Club Náutico da Coruña.

