Mesa redonda sobre a xestión da Covid en Cuba

O Partido Comunista do Val Miñor vén de organizar unha serie de actividades tendentes a revitalizar o irmandamento das vilas de Baiona e Rafael Freyre en Holguín (Cuba). Agrupadas no que chaman o proxecto “PCG Val Miñor con Cuba”, inclúe intercambios artísticos, brigada e contedor de solidariedade, participación na Festa da Arribada…

A primeira destas tarefas é a organización dunha mesa redonda telemática que titulan “A Xestión da Covid en Cuba”, co obxectivo de coñecer a situación na illa e as medidas organizativas e de tratamento para afrontala pandemia.

Este acto terá lugar o próximo xoves día 22 ás 20:00 horas e conta coa colaboración do Concello de Baiona, a Asemblea Municipal de Rafael Freyre e o Consulado de Cuba en Galicia. Inscricións no correo electrónico valminor.comarcavigo@pcgalicia.org.