Unha curtametraxe devolve A Ramallosa aos anos 60

FOTO: LAURA CARRERA // Gravación da curtametraxe "La Venganza".

A rodaxe da curtametraxe “La Venganza” devolve a Ramallosa aos anos 60. O director, Pablo M. Tuche, cun grupo de 20 alumnos do audiovisual e outra vintena de actores entre personaxes e figurantes, embárcanse nunha rodaxe que durará toda a fin de semana. Esta mañá, o escenario foi a Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa, onde se puido ver o despregamento de medios técnicos que realizan os novos profesionais, en gran parte grazas ao apoio do comercio local.

“Esta curtametraxe expúxose como un traballo de fin de estudos, pero coa axuda de todo o equipo está a materializarse”, comenta o director. A película fala do sufrimento dunha familia, que chora a perda dun dos seus membros. Tras a procura do asasino, verán como a vinganza vólvese unha arma de dobre fío.