O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar a incorporación do concello de Carballeda de Valdeorras á listaxe de concellos con nivel máximo de restricións, xunto cos concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.
A grupo de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en oito concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral.
Ademais, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.
Continúan os cribados para a detección precoz de casos
A dirección xeral de Saúde Pública continua a intensificar a realización de cribados poboacionais na procura de identificar novos casos positivos polo virus Sars-Cov-2. Así, entre os días 6 e 19 de abril, convoca para realización de probas diagnósticas a máis de 35.000 galegos e galegas.
| Lugar
realización |
Concello | Datas | Rango
idade |
Núm. persoas
citadas |
Lugar de realización |
| AS A Coruña | AC – Ventorrillo | 6 -13 abril | 20 -40 | 8.014 | Ventorrillo |
| AC – Castrillón | 6 – 11 abril | 20 -40 | 3.523 | CHUAC | |
| AC – Matogrande | 12 – 19 abril | 20 -40 | 4.592 | CHUAC | |
| AC – Os Mallos | 13 – 17 abril | 20 -40 | 6.033 | Ventorrillo | |
| AC – Labañou | Pendente data | 20 -40 | 3.717 | Ventorrillo | |
| AS Santiago | Boiro | 10, 11 abril | 30 – 45 | 3.500 | |
| AS Lugo | Pantón – Parroquia Toldaos | Pendente
data |
60 | ||
| AS Ourense | Monterrei | 10 abril | 18 – 74 | 800 | |
| Carballeda | 12 abril | 18 – 74 | 600 | ||
| AS Pontevedra | A Illa Arosa | 12, 13 abril | 40 – 64 | 1.700 | |
| O Grove | 8 – 10 abril | 19 – 49 | 2.600 | ||
| TOTAL | 35,139 |
Últimos datos e programa de vacinación para a fin de semana
Na xornada de onte, a Xunta de Galicia administrou un total de 33.229 doses de vacinas contra a covid-19. En concreto, vacinou a 31.882 persoas coa vacina de Pfizer, e a 1.347 coa de Astrazeneca.
No caso da vacina británica, 1.264 doses foron administradas en grandes recintos (Ferrol e Cee) e 83 noutros puntos de vacinación. No caso das vacinación en Ferrol e Coruña-Cee as porcentaxes de adherencia acadaron o 81,6% na cidade departamental, e o 80,4 % en Cee. Así, a porcentaxe global de adherencia á vacina de Astrazeneca na comunidade galega é de o 77,43%.
A Xunta continúa a acelerar o ritmo de vacinación en Galicia ao convocar a preto de 52.000 persoas para vacinarse, durante esta fin de semana. Así, nas xornadas do sábado e domingo, administrará a vacina de Pfizer ao redor de 27.000 persoas, xunto con outras 25.000 doses da vacina de Astrazeneca.

