Alumnado do IES Primeiro de Marzo pon unha nota de cor no noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís

Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar ás persoas usuarias nesta celebración.

A través da música, o baile e a narración dunha historia interactiva puxéronlle unha nota de cor a esta celebración. Toda a actividade tivo que realizarse no exterior e sen contacto directo coas persoas usuarias, a través das cristaleiras do centro, polos protocolos Covid-19 establecidos para este tipo de centros, polo que a organización da actividade supuxo todo un reto para o alumnado.

A relación entre a entidade e o IES xa é un habitual, posto que o alumnado, como forma de complementar a súa formación, interactúa coa comunidade que lle rodea, enriquecendo así a súa formación ao tempo que presta un servizo no súa contorna máis próxima.