A Casa Consistorial de Baiona ilumínase de azul polo Día Mundial do Autismo

Co motivo do Día Mundial do Autismo, o Concello de Baiona participa coa iluminación da Casa Consistorial dende o 31 de marzo ata o vindeiro 2 de abril, sendo este último o día de celebración para a concienciación mundial. Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul en sinal de apoio as persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo). Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue) e apoiada por Autismo Europa, Autismo España, Autismo Galicia, e por suposto, o Concello de Baiona, continuará ao seu carón para o que precisen. Pódese encontrar información mais ampla nas entidades anteriormente mencionadas.