Pillan a un veciño de Nigrán de 61 anos collendo ourizo de mar nunha praia de Vigo

O pasado domingo día 28, ás 11:36 horas, solicitouse a presenza dunha Unidade da Policía Local de Vigo na Praia do Portiño, por marisqueo ilegal. O servizo foi solicitado polo vixiante da Xunta, indicando que se trataba de marisqueo de ourizos de mar. Unha Unidade de GOA encargouse de atendelo, observando a dúas persoas entre as rochas con tres capachos, cuxo contido era 11,650 kgr, 17,500 kgr e 4,300 kgr. Sumando un total de 33,450 kgr, abandonando posteriormente os capachos entre as rochas, sendo identificado J.I.F, de Nigrán e 61 anos de idade. O contido dos capachos sementouse novamente no mar, iniciando os trámites de proposta de sanción pertinentes.