A voceira do Partido Popular de Gondomar vén de presentar por rexistro unha solicitude ao alcalde para a reparación das instalacións das pistas de tenis e a adopción de medidas de seguridade do equipamento depositado pegado ás mesmas a fin de evitar calquera risco aos usuarios, despois de que varios veciños se dirixiran ao PP gondomareño para informar de que xa avisaran no Concello e ninguén fixera nada por solucionalo.
Na solicitude, o Partido Popular pide ao Concello que acometa as obras de conservación necesarias polo risco que poden correr os usuarios das pistas xa que o peche perimetral está en pésimo estado de conservación e incluso ameaza con caer. No mesmo escrito, ao que axuntan fotografías do estado do lugar, piden que se vale o half provisional que se desmontou do lugar onde recentemente se construíu o Skatepark e que poder supoñer un grave risco para calquera cativo que se introduza polo medio do mesmo ao conter partes cortantes e móbiles con moito perigo.

