Nigrán revisa os criterios dos inmobles para garantir o dereito ao abastecemento e saneamento

O Concello de Nigrán vén de revisar os criterios para tramitar a conexión ao abastecemento ou saneamento municipal co fin de garantir este dereito tamén ás vivendas en proceso de regularización. Juan González, alcalde de Nigrán e concelleiro da Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, incide en que precisamente este é o obxectivo número 6 dos ODS e toma esta decisión en base á propia resolución da Asemblea Xeral da ONU do 28 de xullo de 2010 na que se recoñece explicitamente o dereito do ser humano á auga e ao saneamento, reafirmando que un auga potable limpa e o saneamento son esenciais para todos os dereitos humanos. “Non é moralmente aceptable denegar a conexión a persoas que o precisan para un uso doméstico, e iso é o que resolvemos con esta nova tramitación que acepta a inmobles en proceso de regularización”, resume González.