O gondomareño Artai Gómez proclámase campión do II Open de Xadrez Compostela

O laroqueiro Artai Goméz proclamouse o pasado fin de semana campión do II Open de Xadrez Compostela, celebrado os días 19 e 20, con unha participación de 62 xadrecistas de toda Galicia. O gondomareño rematou o torneo invicto con pleno de vitorias, acompañárono no podio Xabier Pérez Sousa do Xadrez Mos e Diego Cacheiro Blanco da Escola de Xadrez Compostela. O tamén laroqueiro Samuel Rodríguez Alleres rematou no posto 21 con 3 puntos de cinco posibles.