Unha quincena de mozos participan en Gondomar no curso de “picking”

O alcalde de Gondomar Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de Xuventude, Nuria Lameiro, inaugurou este luns o curso dirixido a mozos de entre 17 e 30 anos, veciños da localidade, cuxo obxectivo final é facilitarlle ferramentas para a súa inclusión no mercado laboral. Unha quincena de mozos e mozas participarán nos próximos meses neste novo curso promovido a través da OMIX e que céntrase no proceso de “picking”, é dicir, a selección de produtos adquiridos por un cliente vía en liña, comprobar o seu estado, preparalo, etiquetalo e embalalo para facelo chegar ao seu destino. Recibirán unha formación de 100 horas (30 delas teóricas e 70 prácticas), adquirindo coñecementos básicos para este tipo de traballos e que busca facilitar a súa entrada no mercado laboral.