Sin categoría

Baiona tamén alerta da estafa do individuo que pide diñeiro para as familias necesitadas

O Concello de Baiona, do mesmo xeito que o fixo este mediodía o Concello de Nigrán, alerta da estafa na que un individuo de mediana idade preséntase como edil do goberno local e pide diñeiro para as familias necesitadas en nome do Concello de Baiona. A Policía Local de Baiona, xunto co Posto Principal da Garda Civil de Baiona, mantén abertas dilixencias por estes feitos.

O Alcalde, Carlos Gómez Prado, alerta á cidadanía desta fraude e insta os baioneses e baionesas a que “se se topan co citado individuo ou se ben foron obxectivo de dita estafa débeno poñer en coñecemento da Garda Civil” e conclúe advertindo de que “coa colaboración de todos será máis fácil acabar con esta situación”, agradecendo de antemán “a colaboración dos veciños e veciñas”.