Alertan dun individuo que pide cartos para as familias necesitadas en nome do Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán alerta dunha estafa na que un individuo de mediana idade que se presenta como edil do goberno local pide cartos en nome do propio alcalde para sufragar bombonas de butano para as familias en situación de vulnerabilidade. A Policía Local de Nigrán ten constancia dunha estafa de 40€ a unha persoa maior e, xunto co Posto Principal da Garda Civil de Baiona, manteñen abertas dilixencias por feitos practicamente idénticos tamén neste municipio veciño.

“O Concello de Nigrán e o seu goberno nin pide nin pedirá nunca cartos á veciñanza baixo ningún pretexto ni por ningún medio, polo que recomendamos que se denuncie ante o Posto Principal da Garda Civil en Baiona calquera acción deste tipo”, advirte o rexedor, Juan González, ante a sospeita de que poida haber máis persoas estafadas. “Toda axuda se canaliza a través dos Servizos Sociais, non confiemos xamais en alguén que pida cartos ou doazóns empregando para elo o nome do Concello ou o seu goberno”, insiste.