O Marías chega líder á segunda xornada da Liga de Inverno Baitra J80

O J80 Marías do portugués Manel Marías chega líder á segunda xornada da Liga de Inverno Baitra, que se celebra este sábado na baía de Baiona a partir das tres da tarde, con tres probas no programa de competición.

O veleiro, tripulado polos regatistas lusos Tiago Morais, Marta Ramada, Vasco Tinoco e Antonio Marías, logrou impoñerse na primeira volta da liguiña de monotipos do Monte Real Club de Yates, que se disputou a finais de febreiro.

Fíxoo tras vencer na única proba que se puido disputar a causa do vento, que non soprou coa suficiente intensidade. Non se prevé que ocorra o mesmo esta fin de semana, no que as previsións anuncian ventos por encima dos dez nós chegando a picos de vinte por momentos.

En segunda posición da clasificación provisional sitúase o Luna Nueva de Juan Luis Tuero, seguido, desde o posto de bronce, polo Cansino de Fernando Yáñez. O Okofen de Javier de la Gándara e o Spaco de Santiago Estévez completan o Top 5 tras abrir marcadores.