Baiona celebra o Día da Poesía cunha ruta poética

Con motivo da celebración do Día da Poesía, o domingo 21 de marzo, a Concellería de Cultura de Baiona, a través da Biblioteca Municipal, organiza unha ruta poética pola vila. Os veciños e visitantes poderán atopar en doce localizacións distintas, no centro de Baiona, versos de 12 escritores destacados. En cada punto de lectura dispoñerase dun mapa para poder localizar os 12 poemas escollidos para esta edición e así completar a ruta poética.