
O Concello de Baiona informa da aprobación do proxecto de rehabilitación do paseo marítimo da Foz. O alcalde, Carlos Gómez Prado, levou a cabo as xestións pertinentes para que este proxecto salga adiante e as obras iníciense na primavera. Na reunión mantida en xullo de 2020 entre o ministro José Luis Ábalos e o alcalde, o ministro comprometeuse co rexedor e con Baiona en sacar adiante este proxecto, un feito que Gómez Prado agradece enormemente ao ministro xa que “en menos dun ano cumpriu coa súa palabra e cumpriu o seu compromiso connosco”. O proxecto substituirá o dique desde a zona desprendida ata as proximidades da ponte da Ramallosa por uns 700.0000 euros. Gómez tamén agradece ao xefe provincial de Costas, Enrique Fernández Menéndez, a súa implicación con este proxecto.
O rexedor de Baiona destaca que “coa rehabilitación do paseo marítimo da Foz cumprimos cun dos nosos compromisos coa cidadanía baionesa en xeral e cos veciños e veciñas de Sabarís en particular. Durante anos veñen padecendo danos e incomodidades neste paseo tan transitado diariamente pola veciñanza. Pronto poderemos volver pasear por esta bonita senda sen ningún obstáculo e contemplar a súa bonita paisaxe. Isto será grazas ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que reservou un diñeiro para que todos os baioneses e baionesas gocemos do noso emblemático paseo. Trátase pois dun compromiso do goberno central coa execución desta importante obra para o noso municipio”.
Así mesmo, Gómez Prado, destaca que “como alcalde de Baiona sempre defenderei os intereses dos veciños e veciñas e seguirei chamando a todas as portas que sexan necesarias para que os proxectos de Baiona saian adiante”.