Sin categoría

O CPI de Cova Terreña acompaña a hixiene de mans con poemas en galego

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Cova Terreña, sensibilizado coa situación que estamos vivindo, deseñou un proxecto chamado “20 segundos”. Vinte segundos é o tempo estipulado para unha boa hixiene de mans. Atendendo a esa medida sanitaria, o alumnado do centro seleccionou poemas na nosa lingua que puideran ser recitados nese período de tempo. Con eles, e ilustrándoos, elaboraron carteis para colocar nos sitios onde hixienizan as mans.

Para a realización deste fermoso traballo contaron coa colaboración de importantes autores e autoras entre os que destacan a María Canosa, Clara López e Antonio García Teijeiro pola súa implicación e agarimo. Versos de poemarios como Vagalume de versos, Os Días lebre, Poemar o mar ou Vento, ventiño, venteiro forman parte dos carteis.

“Decidimos compartir esta tarefa e agasallamos con varios destes carteis a distintos sitios da vila: centro de saúde, concello, biblioteca, Casa da Navegación, ACEBA (coma representante da hostalaría de Baiona), colexios da contorna… Os carteis tamén se poden descargar dende a páxina web do centro”, sinala Verónica Ojea, Coordinadora de EDLG do CPI de Cova Terreña.