O Concello de Nigrán, a través da concesionaria de limpeza Cespa-Ferrovial, vén de incorporar o seu primeiro vehículo lava-beirarrúas co obxectivo de mellorar a calidade do servizo prestado no municipio. Trátase dunha máquina que complementará ás actuais que funcionan baixo auga a presión ou ás varredoras automáticas, podendo incorporarlle tamén líquido desinfectante para o fregado. “É un vehículo especialmente útil para zonas sombrías onde no inverno se forma verdín ou para axilizar a desinfección Covid nas rúas”, explica o alcalde, Juan González.
Artículos relacionados
O Vigo-Rías Baixas incorpora a Martín Rey, unha das grandes esperanzas do ciclismo galego
O júnior galego que mellores resultados conseguiu a nivel estatal en 2021 correrá a próxima campaña no Vigo-Rías Baixas. Martín Rey decantouse pola estrutura presidida por José Luis Chamorro para dar o salto de categoría […]
Charla sobre obesidade, diabetes e colesterol na Capitanía Marítima de Baiona
A Capitanía Marítima de Baiona acolle este xoves 13 de xullo ás 20:30 horas a segunda charla do VII Ciclo de Conferencias organizado polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será Aniceto Charro, catedrático […]
Arrancan os traballos de reparación e restauración da ex Colexiata de Baiona
As obras de reparación e restauración da Igrexa de Santa María de Baiona comezaron. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adxudicou os traballos o pasado mes de marzo á UTE Construcciones Mascareñas e […]