Gondomar amplía o número de prazas de mobilidade reducida no centro

O Concello de Gondomar segue traballando para atender as demandas e necesidades que lle fai chegar a veciñanza. Nese sentido na última semana habilitáronse novas prazas de estacionamento PMR (prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida) no municipio.

Búscase con estes novos estacionamentos facilitar o acceso destas persoas ás zonas peonís da forma máis accesible para eles, neste caso achegando as prazas ao centro urbano. “En moitas ocasións non é fácil atopar a mellor localización, pero traballamos para logralo ou achegarnos o máximo posible para que as persoas con mobilidade reducida non teñan problemas á hora de poder estacionar”, sinala o alcalde Paco Ferreira.