Xornada de eliminación de eucaliptos en Couso

A Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Couso organiza o próximo sábado, día 6 de marzo, unha xornada de eliminación de eucaliptos. O punto de encontro será o Miradoiro do Viso (Alto de San Antoniño) ás 10:00 horas. É preciso levar unha machada e luvas.