Gondomar ofrece un curso de preparador en liña para comercio online

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, desenvolverá unha acción formativa de preparador/a en liña, respondendo á necesidade de persoal para atender o incremento do comercio online xerado pola pandemia.

A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.

O prazo de inscrición para os interesados/as permanecerá aberto desde este mércores, día 3 de marzo, ata o 16 de marzo, fixándose o inicio do curso o día 22 de marzo. Deberán presentar no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do concello a solicitude xunto os anexos dispoñibles en http://www.concellodegondomar.gal ou na oficina da Omix (que tamén se pode remitir a través do correo omix@concellodegondomar.gal).

O alumnado recibirá unha formación de 100 horas (30 teóricas e 70 prácticas) nas que prepararanse para desempregar o proceso de “picking”, é dicir, selección de produtos adquiridos por un cliente vía online, comprobar o seu estado, preparalo, etiquetalo e finalmente embalalos.