Usuarios dos Servizos Sociais de Nigrán convocan unha manifestación

Este venres, 26 de febreiro ás 12:00 horas, usuarios e usuarias dos Servizos Sociais de Nigrán convocarán unha manifestación en protesta pola mala xestión do departamento, e máis concretamente pola mala praxe das traballadoras que incumpren o Código Deontolóxico de Traballo Social.

Ao longo destes últimos anos as queixas sobre este servizo son “vox pópuli”, derivando incluso en concentracións como a convocada no 2016 pola mesma causa, iso si, sen a menor reacción por parte do Goberno Local, que é coñecedor de que estas situacións seguen sucedéndose.

O detonante para levar a cabo esta nova manifestación foi a falta de reparto este mes de alimentos a usuarios/as do banco de alimentos, debido á mala coordinación das traballadoras.

Os usuarios/as determinaron de tomar medidas, fartos de sentirse intimidados, e uniron estas semanas os seus testemuños nun escrito para remitilos hoxe mesmo á valedora do pobo, co fin de que interceda e axude a por fin a esta pésima situación.

Desde o grupo convidan a participar ás persoas que lles interese apoiar esta causa.