Dous golfiños varados en Baiona e Nigrán

FOTO: CEMMA // Momento da recollida na Ladeira.

Dous golfiños riscados (Stenella Coeruleoalba) quedaron na mañá deste venres varados con vida na Ladeira, en Baiona, e en Lourido, Nigrán. Segundo explicaron desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, con sede en Nigrán, tratáronse de dous exemplares xuvenís de 150 cm, un macho e unha femia. Desde a CEMMA informaron que vararon previamente nas rochas e fixéronse grandes feridas. Un deles morreu no transporte e o outro houbo ser eutanasiado.