Baiona confirma que o luns 22 de febreiro retomarase o mercado de Sabarís

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Mercado de Sabarís.

A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que tras a confirmación da boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro vai retomar o mercado semanal dos luns de Sabarís.

Volverase á actividade coa redución do número de postos, producíndose así a rotación entre feirantes cada luns. O día 22 será a quenda dos postos con número impar. Poderán acudir ao mercado todos os luns, independentemente do seu número, os postos de venda de produtos agroalimentarios como se recolle na normativa.