Máis de 400 persoas participaron na campaña de San Valentín de ACEBA

A situación actual de restricións non fixeron mella na vontade dos clientes dos establecementos de Baiona que a semana pasada animáronse a seguir apostando polo comercio local para escoller as súas compras por San Valentín.

O pasado 10 de marzo ACEBA presentaba a súa campaña “Xuntos incluso na distancia”, na que colaboraron o Concello de Baiona, ABANCA e a Xunta de Galicia, unha campaña que puña o foco na defensa da diversidade e no feito da importancia de seguir celebrando San Valentín xuntos, incluso no distanciamento obrigado para moitas parellas que viven en distintos concellos pero onde debería prevalecer a importancia de poñerse a salvo da COVID tamén como un xesto de amor para poder volver a celebralo o ano que vén xuntos.

“E así o quixemos plasmar no spot central da campaña difundido en redes sociais onde o vídeo alcanzou as 23.500 visualizacións nos cinco días de campaña en Baiona”, sinalan desde a Asociación de Comerciantes.

❤ Concurso de San Valentín de ACEBA ❤ Xuntos, incluso na distancia

❤ Concurso de San Valentín de ACEBA ❤

📲 Envía a este WhatsApp 686 184 561 unha foto dos teus tickets de compra. Se o prefires pincha aquí https://bit.ly/acebaSV para ir directamente

🛍 Por cada ticket de compra superior a 10€ consegues 1 participación no concurso

🔔 Lembra que teñen que ser establecementos socios de ACEBA http://bit.ly/sociosACEBA

Tes ata o 14 de febreiro para facer as túas compras en Baiona

Aceba Baiona Concello de Baiona

Publicado por Comercio de Baiona en Miércoles, 10 de febrero de 2021

A novidade do sorteo este ano foi a súa dinámica de participación vía WhatsApp. “Queriamos unha campaña actual, novidosa e vistosa que estivese contextualizada á situación actual, pero tamén queriamos innovar e probar novos xeitos de promocionar o comercio local que fosen áxiles e próximos para os clientes e por iso pensamos este ano en facelo mediante WhatsApp”.

Datos positivos

En total na campaña de San Valentín houbo unha participación de máis de 400 persoas que achegaron tickets por un valor de máis de 14.000€, o que supón un dato esperanzador para o comercio, xa que xunto aos resultados da campaña de Nadal en Baiona estamos falando dun volume de máis de 425.000€ só nas dúas campañas centradas no comercio local. “Detectamos unha converxencia clara do consumidor local, que está apostando polo comercio local para as súas compras, un dato que tamén é unha oportunidade para todo o tecido comercial e económico de Baiona de cara a fidelizar estes clientes ofrecendo un servizo de calidade diferenciado do servizo e a oferta que poden aportar as grandes superficies”.

Listado de gañadoras e gañadores do sorteo

Segundo o comprometido nas bases de participación ACEBA fai público tamén o listado de premiados no sorteo dos 1500€ en vales de compra, quedando do seguinte xeito.

Talonario con 300€ cada un
Clementina Silva

Talonario con 100€ cada un
Carmen Vázquez Vázquez
Rubén Fernández Fernández
Martín Saa López
Mara de la Iglesia Carneiro

Talonario con 50€ cada un
María Luisa Martínez Castro
Bernabé Costas de Miranda
Lara Misa Castro
Rocío Martínez
Silvia Costas Marcote
María del Carmen Fernández Valverde
Ramona Vasconcellos
Ramón Rodríguez Rodríguez

Talonario con 20€ cada un
Uxía Miniño González
Sandra Pereira Crespo
Manuel Pereira Montero
Nerea Álvarez Sotelo
Noemí Silva Cameselle
Ángel Fernández Pérez
Diana Izurieta Mena
Maria José Pereira Denís
Jose Ramón Goce Garrido
Ana María Doaz Fernández
Alberto González Rivero
Cristina Leal Urgal
Montse Davila Alonso
Miguel Ángel Blach Italiani
Paula Iglesias Carrera
María de los Ángeles Cendón Peleteiro
Marina Domínguez Rodríguez
Rocío Expósito Queijo
Marcos García Gil
Purificación Cudeiro March