Castro e Ladeira denuncia a retirada da pancarta colocada no novo multiusos de Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís denunciou este martes a retirada da pancarta colocada a pasada semana durante a concentración convocada polos seis colectivos da parroquia -Castro e Ladeira, Comunidade de Montes, ATV Distrito XVIII, PICA, Club de Bolos A Rega e Coemsa- para reclamar un uso preferente do novo miltiusos, que conta con oito espazos e unha extensión que rolda os 800 metros cadrados.

“Retiráronnos onte pola mañá a pancarta, sen motivos, temos o permiso pertinente. Se alguén viu algo que se poña en contacto con calquera asociación da parroquia. Non imos parar ata dar co culpable e ata ter un espazo no noso multiusos”, sinalou Martín Otero, presidente de Castro e Ladeira.