Unha persoa ferida tras sufrir un accidente na AG-57 á altura de Nigrán

Sobre as 12:30 horas deste mediodía, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente no concello de Nigrán. Unha persoa particular foi a que chamou para pedir axuda. Aseguraba que no punto quilométrico 10.8 da AG-57, á altura de Parada, había un coche accidentado cos airbags fora. Indicaba que non vía a ninguén, polo que, a persoa podía necesitar axuda.

No transcurso da chamada, o concesionario do coche sinistrado tamén comunicaba aos xestores do 112 que acaban de recibir unha sinal de emerxencia.

De inmediato, o 112 Galicia informou dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Val Miñor e á Policía Local. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Baixo Miño, de Vigo e o persoal de mantemento da vía.

Unha vez no punto, os membros do GES comprobaron que, efectivamente, o condutor quedou atrapado polos airbags do vehículo. Sen embargo, non foi preciso o uso do material de excarceración. Segundo indicaron, o persoal dunha ambulancia que nese intre circulaba por ese punto, axudou a liberar ao ferido, que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.