As mellores delicatessens nacionais agora xa poden viaxar ata a túa casa sen sequera moverte do sofá. Unha das sagas familiares hostaleiras con máis historia no Val Miñor, á fronte de establecementos emblemáticos como Talaso Atlántico, Los Abetos ou Jaqueyvi, dá un paso adiante ante o peche sanitario forzoso dos seus negocios e lánzase á “caza” de produtos gourmet a través da web “Delihunters”.
Con máis de 3 décadas de hostalería ás súas costas, agora tamén seleccionan os mellores embutidos, snaks, viños, queixos ou conservas nacionais para vendelos en liña en diferentes propostas de caixas gourmet, incluída unha especial para festexar San Valentín. Todas elas conteñen unha coidadísima recompilación de produtos que cambian cada mes para poder ofrecer experiencias gastronómicas diferentes e pódense adaptar ante as necesidades especiais de empresas.
“Son momentos complicados… tras xeracións no mundo da hostalería, coas nosas familias á fronte de Talaso Atlántico, Restaurante Los Abetos ou o Jaqueyvi, vivindo a peor situación económica na historia do sector servizos, saímos ao mercado con este novo proxecto cheo de ilusión, ganas e produtos marabillosos… para ti ou para regalar a quen máis queres”, explican Lola e Suso, os mozos emprendedores desta saga familiar que souberon tamén ver unha oportunidade na nova realidade social.
Delihunters distribúe actualmente as súas caixas gourmet a toda España, coa intención de expandirse a Europa no mes de xullo e contemplando a posibilidade de abrir mercado en Asia a continuación (sempre que o COVID non complique as exportacións).
“A calidade do fogar o pos ti, os mellores produtos levámoschos nós”, resumen Suso e Lola, quen anima a subscribirse a www.delihunters.com.









