Sorprenden a un cidadán con medios técnicos para superar o exame teórico do permiso de conducir

O pasado 29 de xaneiro, persoal da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra que realizaba exames para a obtención do permiso de conducir, solicitou a presenza da Garda Civil.

Compoñentes do Grupo GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra identificaron a un cidadán de 44 anos, con domicilio en Tarragona de orixe paquistaní, ao que se lle detectou un teléfono móbil no interior da roupa, colocado coa cámara aberta, unha tarxeta bluetooth e un mini auricular na súa orella que utilizaba para realizar o exame teórico do permiso de condución, motivo polo que se procedeu á súa exclusión da convocatoria.

Dáse a circunstancia que no pasado mes de novembro, foi sorprendido nos exames da Xefatura Provincial de Tráfico de Tarragona co mesmo sistema, polo que tamén foi excluído da convocatoria.

É frecuente que os compoñentes do GIAT do Subsector de Tráfico, realicen controis sobre os cidadáns que realizan as probas do exame teórico do permiso de condución, sobre todo daqueles procedentes de países estranxeiros, debido a que non é a primeira vez que se emprega este tipo de método, mesmo suplantacións de identidade nalgúns casos.