Festa da Virxe das Candeas e Romaría de San Blas en Mañufe

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra esta semana a Festa da Virxe das Candeas e a Romaría de San Blas. O martes 2 de febreiro haberá Misa e bendición das candeas ás 18:45 horas. O mércores 3 ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne na honra de San Blas. Tamén se celebrarán Misas cada hora, pola mañá desde as 8:00 ata as 11:00, e pola tarde desde as 17:00 ata as 19:00 horas. En todas elas farase a bendición do pan e outros alimentos. Segundo a normativa vixente, será obrigatorio gardar todas as medidas de seguridade fronte ao Covid-19: restrición de aforo a 45 persoas, uso de máscara, hixiene de mans con hidroxel…