Sin categoría

Gondomar coloca filtros HEPA nas dependencias municipais

O Concello de Gondomar vén de colocar os primeiros filtros HEPA nas dependencias municipais á espera de que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia autorice a su colocación nos centros educativos do municipio. O alcalde, Paco Ferreira, trasladou esta semana á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a súa decisión de adquirir un centenar de purificadores HEPAS para distribuír entre os centros educativos do concello e o Conservatorio de Música do municipio.

Así o expuxo no encontro telemático mantido este mércores, no que o rexedor aproveitou para explicar esta iniciativa á vez que solicitar á representante da Xunta de Galicia a súa colaboración á hora de facilitar esta cesión aos colexios e institutos. Lembrou que a compra dos purificadores está apoiada por estudos científicos e que o único que se busca é garantir a máxima seguridade do alumnado e profesorado de Gondomar, que en reiteradas ocasións demandaron ás autoridades educativas competentes a posibilidade de utilizar estes aparellos.