Gondomar pecha as instalacións deportivas municipais

A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar anuncia que, antes as novas restricións que entraron en vigor na medianoite deste xoves por mor da pandemia, quedarán pechadas todas as instalacións deportivas municipais ata novo aviso, cumprindo a normativa ditada pola Xunta de Galicia, que anula as competicións deportivas a nivel autonómico.