
Telefónica logrou superar os seus plans iniciais de despregamento de 5G en Galicia e concluíu o ano 2020 poñendo esta tecnoloxía a disposición ao 78% da poboación galega. 129 municipios galegos, entre eles Baiona e Nigrán, teñen xa despregado polo menos un nodo 5G, o que significa que, desde finais do pasado ano, máis de 2.184.000 galegos poden acceder a este servizo se dispoñen dun terminal adecuado.
Por provincias, A Coruña ten xa 51 concellos con nodos 5G de Telefónica, que dan servizo ao 82% da súa poboación, mentres en 38 municipios da provincia de Pontevedra despregáronse nodos que dan cobertura ao 85% da poboación. Na provincia de Ourense despregáronse en 18 concellos, dando así servizo 5G ao 57% da poboación, e en Lugo en 22 concellos, cubrindo ao 62% da poboación.
Tal e como destacou o máximo responsable de Telefónica en Galicia e director de Administracións Públicas do Territorio Norte, Manuel Ángel Alonso, durante un encontro con medios de comunicación celebrado o pasado mes outubro en Santiago, o aceso de 5G súmase á “enorme capilaridade do LTE, 4G e 3G de Telefónica en Galicia, que se sitúa no 99% da poboación, o que significa que esta comunidade autónoma ten unha cobertura de banda ancha móbil por encima da media nacional e sen parangón en Europa˝.
En relación ao tipo de tecnoloxía 5G empregada, nesta primeira fase utilízanse emprazamentos e infraestruturas actuais para lanzar a rede 5G con arquitectura NSA (Non Stand Alone), e despregarase a rede 5G SA (Stand Alone) cando a tecnoloxía estea plenamente dispoñible despois da estandarización.
Grazas ao 5G, os usuarios poderán descargarse na súa casa unha película en segundos. Aqueles que sexan afeccionados ao gaming contarán cunha experiencia en mobilidade similar á que lles achega a fibra no fogar, sen interrupcións ou latencia. Así, o 5G permitirá xogar no teléfono móbil coma se estivésese na pantalla do computador de casa ou nunha vídeo consola.
Para as empresas, destacan os servizos de Multiaccess Edge Computing, que ofrecen ultra baixa latencia e unha maior capacidade de cómputo ao bordo da rede, ademais de servizos como as redes privadas 5G, o IoT masivo e as comunicacións críticas, xunto á virtualización da rede, que facilita utilizar os recursos de redes de forma máis eficaz en función das necesidades dos clientes. O 5G será fundamental tamén para o desenvolvemento da chamada Industria 4.0 e para todos os servizos relacionados coa Saúde ou a Educación.
Pontevedra | Galicia | 36034 | Neves, As |
Pontevedra | Galicia | 36035 | Nigrán |
Pontevedra | Galicia | 36037 | Pazos de Borbén |
Pontevedra | Galicia | 36038 | Pontevedra |
Pontevedra | Galicia | 36039 | Porriño, O |
Pontevedra | Galicia | 36040 | Portas |
Pontevedra | Galicia | 36041 | Poio |
Pontevedra | Galicia | 36042 | Ponteareas |
Pontevedra | Galicia | 36045 | Redondela |
Pontevedra | Galicia | 36046 | Ribadumia |
Pontevedra | Galicia | 36048 | Rosal, O |
Pontevedra | Galicia | 36049 | Salceda de Caselas |
Pontevedra | Galicia | 36050 | Salvaterra de Miño |
Pontevedra | Galicia | 36051 | Sanxenxo |
Pontevedra | Galicia | 36052 | Silleda |
Pontevedra | Galicia | 36054 | Tomiño |
Pontevedra | Galicia | 36055 | Tui |
Pontevedra | Galicia | 36056 | Valga |
Pontevedra | Galicia | 36057 | Vigo |
Pontevedra | Galicia | 36058 | Vilaboa |
Pontevedra | Galicia | 36060 | Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra | Galicia | 36061 | Vilanova de Arousa |
Pontevedra | Galicia | 36901 | Illa de Arousa, A |