Gondomar forma ao profesorado en compostaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar iniciou unha serie de charlas formativas dirixidas ao profesorado do municipio interesado en coñecer mellor as técnicas de compostaxe para poder transmitirllas ao seu alumnado.

É o caso dos docentes do CEIP Xosé Neira Vilas, que interesáronse por esta posibilidade. Así, da man da técnica municipal, tomaron boa nota do proceso de reciclaxe para aplicalo posteriormente nas actividades que realizarán cos nenos e nenas no cole, onde contan xa con dous composteiros individuais.

Ademais estudarase a posibilidade de impartir charlas tamén aos mozos/as dos últimos cursos de primaria, apostando así pola política de implicación e sensibilización das novas xeracións que desde a Concellería deféndese desde o primeiro momento.