Buscan unha gata de cinco meses desaparecida en Mañufe

Búscase a Isis, unha gata de cinco meses desaparecida na mañá deste mércores no barrio de Fontán, na parroquia gondomareña de Mañufe, na zona da gasolineira. Nunca saía da leira, é cariñosa e achégase ás persoas. Calquera que teña algunha información pode contactar coa súa propietaria, Gloria, no teléfono 680 135 796.