Os Reis Magos multiplican a súa visita a Nigrán

Os Reis Magos de Oriente cumpriron a súa anunciada promesa aos nenos e nenas de Nigrán multiplicando a súa visita ao municipio con tres “cabalgatas” simultáneas só posibles grazas á súa maxia e á colaboración das entidades veciñais e culturais. Deste xeito, a Comitiva Real ao completo visitou este martes un punto neurálxico de cada parroquia co obxectivo de evitar concentracións e cumprir estritamente co protocolo sanitario.

Neste novo formato con protocolo anticovid cada neno e nena puido ver como os tres Reis chegaron camiñando á súa parroquia para despois, xa sentados nos seus tronos, poder falar persoalmente con eles mantendo sempre a distancia de seguridade e recibindo ademais do Paxe Real un paquete individual de caramelos e chuches (viñeron cargados de 700 kg, todos aptos para celíacos).

A comitiva comezou a xornada en Chandebrito para camiñar desde a rúa Laxes á Asociación de Veciños. Pola tarde estiveron simultaneamente no Torreiro de San Roque de Camos (subiron polo tramo final desa mesma rúa), en Parada na Praza da Igrexa (baixaron desde o aparcamento do cemiterio) e en Priegue no Torreiro (desde a Praza do Peregrino na Farmacia). Xa a última hora da tarde, estiveron simultaneamente na Praza do Concello de Nigrán (camiñaron desde a entrada do edificio antigo), na Ramallosa no Parque da Feira (desde Romana Baixa) e en Panxón no inicio do Paseo Marítimo (desde o peirao).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.