O Rei Melchor visitou aos nenos e nenas hospitalizados no Álvaro Cunqueiro

Os Reis Magos, a pesar da pandemia, non quixeron deixar de pasar este ano a visitar aos nenos e nenas ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Iso si, con todas as garantías e cumprindo a normativa Covid en vigor.

Por ese motivo só puido achegarse ao hospital o Rei Melchor, en representación das outras dúas maxestades. Acompañado por un paxe, percorreu o corredor da planta de Pediatría e entregou, mantendo sempre a distancia, agasallos aos pequenos hospitalizados, que esperaban con ilusión a súa presenza.