A baionesa Ainhoa Reparaz bate o récord galego Sub-18 de 60 metros

A atleta baionesa de 15 anos Ainhoa Reparaz conseguiu este domingo o primeiro récord galego da tempada no Control en Pista Cuberta celebrado en Ourense. A deportista da Sociedade Atlética Val Miñor fixo unha espectacular carreira de 60 metros Sub-18 cun tempo de 7,78 segundos, levando a medalla de ouro e alcanzando a nova mellor marca galega. Tamén acadou a medalla de ouro na proba de 200 metros.