A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño.

Desde mañá, a conexión entre Baiona e Vigo incorpora en dúas liñas 36 servizos máis cada semana. Trátase de 16 expedicións de ida (15 en días laborables e 1 os domingos) e outras 20 de volta (de luns a venres).

No seguinte cadro amósanse os horarios dos novos servizos, que incrementan a frecuencia de paso dos autobuses entre Baiona e Vigo, o que permite reducir os tempos de espera.

Nome da ruta Hora de saída Hora de chegada
BAIONA-RAMALLOSA-MALLON-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA 8:00 9:00
BAIONA-RAMALLOSA-MALLON-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA 8:00 9:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 11:00 12:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 15:00 16:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 17:00 18:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 12:00 13:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 16:00 17:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 18:00 19:00

Na liña entre Gondomar e Vigo tamén se engaden 35 servizos máis cada semana na liña, que se corresponden con 20 expedicións de ida e 15 de volta de luns a venres.

No seguinte cadro indícanse as rutas e os horarios, que duplican o número de frecuencias de ida desta liña cada día laborable. Deste xeito, refórzase a atención a primeira hora da mañá e redúcese á metade o tempo de espera entre cada autobús ao longo do día, que pasa cada dúas horas.

Nome da ruta Hora de saída Hora de chegada
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 8:00 9:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 12:00 13:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 16:00 17:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 20:00 21:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 9:00 10:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 13:00 14:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXON-CANIDO-VIGO EA 17:00 18:00

Na liña entre Tomiño e Vigo, que tamén discorre por outros municipios da súa contorna, engádense 15 servizos máis cada semana en dúas liñas. Correspóndense con 10 expedicións de ida e 5 de volta.

Nome da ruta Hora de saída Hora de chegada
CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA-HOSPITAL A.CUNQUEIRO 15:00 16:30
CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA 10:30 12:15
CAMPOSANCOS-TABAGON-GOIAN-TORRON-TUI-PORRIÑO-VIGO EA 10:00 11:45

O aumento dos servizos nestas dúas liñas incrementa as posibilidades de conexión con Vigo en sentido ida e inclúe unha expedición que chega ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

Estas melloras súmanse ás activadas o 23 de decembro no marco dos novos contratos que completan a implantación do Plan de Transporte Público de Galicia nesta área. Así, a comarca do Baixo Miño e o sur da bisbarra de Vigo contan cunha rede de 66 liñas de autobús interurbano que acadan agora aos 53.000 servizos anuais.