O Cereixa renuncia a xogar esta tempada

O Vincios Fútbol Sala non inscribirá a ningún dos seus equipos na competición para a tempada 2020-21 na Federación Galega de Fútbol. “Dende a directiva tomamos a decisión de non xogar esta tempada polos motivos de todos sabidos trala aparición do COVID19, e tamén polo protocolo presentado aos clubs de preferente que cremos que non cubre as necesidades reais que ten o fútbol sala, polo que consideramos que o máis axeitado e coherente na situación pandémica actual na que vivimos é parar este ano”.

“Moi a pesar noso xa que amamos o fútbol sala, e despois de 29 anos xogando a este deporte en distintas categorías polo territorio galego, a decisión é dura pero toca parar pola saúde nosa e dos nosos e pensar en global. Dende o corpo técnico construímos un persoal de xogadores e persoas exquisitas coas que estamos seguros de que seguiríamos plantando cara o campionato da preferente, e moita ilusión depositada nos proxectos dos equipos feminino e da local, polo que aínda máis dor nos produce, este ano como os anteriores as expectativas eran moi altas”, sinalan desde o club.

“Con moita dor xa que non entendemos a vida sen o fútbol sala, renunciamos a xogar este ano, agora toca máis que nunca vida e coidarse, e prepararse para comezar en xullo se as condicións son as idóneas para a práctica do futsal”, conclúen desde o Cereixa.