
Este martes finalizou no CPI Arquitecto Palacios de Panxón a recollida de alimentos que fixeron estas últimas semanas no centro. Contribúen un ano máis co seu gran de area a concienciar ao alumnado da necesidade de compartir e axudar aos máis desfavorecidos nestes tempos tan complicados. Todos os alimentos foron entregados polos alumnos de 2º de Educación Primaria ao Concello de Nigrán, co fin de que cheguen a todas as familias máis necesitadas do municipio.