A baionesa Gabriela Bouzada proclámase campioa galega en pista cuberta

Este sábado dispútase en Ourense o XIII Campionato de Galicia de Atletismo Sub10, Sub12 e Sub14 en Pista Cuberta, o primeiro desta modalidade que “abre” a tempada baixo teito, dándose a circunstancia de que foi o primeiro en aprazarse por mor das circunstancias sanitarias naquel afastado 14 de marzo.

A baionesa Gabriela Bouzada, da Sociedade Atlética Val Miñor, conseguiu a medalla de ouro e proclamouse campioa galega en pista cuberta na proba de velocidade feminina de 50 metros, baixando a súa marca de 8,18 segundos en 8,05 segundos. Nesta mesma proba, o ano pasado conseguira a medalla de bronce.

O seu compañeiro de equipo, Sergio Gil, proclamouse subcampión de salto de altura cunha marca de 1,31 metros, batendo a súa marca de 1,28.

O campionato xuntou a máis de cincuenta clubs e escolas deportivas da nosa comunidade.