Unha usuaria da Residencia Vila do Conde de Gondomar que fora diagnosticada por coronavirus faleceu este venres no Chuvi. Segundo informou a Consellería de Sanidade, trátase dunha muller de 84 anos que tiña patoloxías previas. Con esta, xa son 10 os usuarios e usuarias do centro situado na parroquia de Vilaza os que morreron con Covid-19. Tres mulleres faleceron no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e un home e outras seis usuarias na propia residencia. O Sergas comunicou hoxe un total de 4 persoas falecidas que foran diagnosticadas por coronavirus. Ademais da usuaria da residencia gondomareña, morreu unha muller de 70 anos no Hospital de Pontevedra, outra muller de 104 anos na residencia San Antonio de Beariz e un home de 91 anos no Chuo.
Falece no Chuvi unha usuaria da Residencia Vila do Conde de Gondomar

