Gondomar destinará 100.000 € a axudas para os sectores afectados polo Covid-19

O Goberno Municipal de Gondomar destinará 100.000€ do seu remanente de tesouraría para axudar o sector da hostalería, autotaxi e afectados polo Covid-19. Así o comunicou hoxe o alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Comercio, Rocío Goberna, á comisión xestora de afectados e a Ovalmi. As bases da convocatoria serán aprobadas no próximo pleno ordinario do día 7 de xaneiro, para logo abrir un plazo de presentación de solicitudes e facer efectivas as axudas.