Movemento en Defensa das Pensións Públicas do Val Miñor (MODEPEN) convoca este xoves día 17 de decembro unha concentración na Capela de San Campio na Ramallosa, ás 12:00 do mediodía, en defensa do sistema público de pensións, pola eliminación da fenda de xénero nas pensións, a equiparación da pensión mínima co salario mínimo e os servizos públicos de atención aos maiores.
Convocan unha concentración na Ramallosa en defensa do sistema público de pensións

