Sin categoría

Iván Sanz, novo director de procesos de soporte da Área Sanitaria de Vigo

Unha vez resolta a convocatoria oficial para a provisión do posto da Dirección de Soporte da Área Sanitaria de Vigo, mañá vaise incorporar ao mesmo o doutor Iván Sanz Falque. O novo directivo ven a substituír a doutora Esther Casal, que cesou no seu cargo a petición propia.

Nacido en Vigo, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade Rovira e Virgili (Tarragona) e facultativo especialista en Radiodiagnóstico. Ademais, completou a súa formación con diversos cursos e un máster relacionados coa administración e dirección de servizos sanitarios.

Nos últimos tres anos o doutor Sanz viña ocupando o posto de xerente do distrito Sanitario de Monforte de Lemos na Área Sanitaria de Lugo, onde anteriormente tamén desenvolvera a coordinación do servizo de Admisión.